- A data límite será este venres, 24 de xullo
O Concello de Muxía amplía o prazo de solicitudes das bolsas para adquirir material escolar, establecendo como data límite este venres, 24 de xullo. A administración local contempla esta partida dentro do Plan de Reactivación Económica e Social da COVID-19, para paliar os efectos negativos da crise sanitaria provocada por esta enfermidade.
Como xa comentara hai varias semanas o alcalde de Muxía, Iago Toba, un dos piares fundamentais do goberno local é «promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e colaborar coas familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos menores de idade».
Para optar a estas bolsas, é requisito indispensable estar empadroado en Muxía, tanto a persoa escolarizada como a persoa solicitante.
Consulta aquí as bases.