Muxía aposta pola rede asociativa apoiando a catro entidades locais

Cedida

  • O goberno local asinou acordos coa Asociación do Percebe da Barca, Asociación Turística Muxía Natural, Club de Fútbol de Muxía e Aspadex

Esta semana o alcalde de Muxía, Iago Toba, mantivo unha xuntanza con representantes de catro entidades locais para firmar un convenio polo que ditas asociacións recibirán unha subvención nominativa. Deste xeito, o Concello aposta en firme pola rede asociativa local impulsando o deporte, o turismo e o eido social e patrimonial a través da Asociación do Percebe da Barca, Asociación Turística Muxía Natural, Club de Fútbol de Muxía e ASPADEX.

Ao acto da firma, que tivo lugar na sede consistorial, acudiron o rexedor; a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch; e os presidentes das entidades: Víctor Haz e Suso Lema pola Asociación Percebe da Barca e a Asociación Turística Muxía Natural, respectivamente; e Juan José Busto e Evaristo Lema por parte do Club de Fútbol de Muxía e ASPADEX.

O alcalde enfatizou «o gran labor» que realizan estas catro asociacións por «mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza» sendo unha peza «chave para o noso progreso e crecemento como vila».