Muxía aproba os orzamentos cos votos a favor do PSOE e a abstención do resto de grupos

1 minutes read

Muxía aprobou en pleno, cos único votos a favor dos membros do goberno local, os orzamentos para este ano que suman máis de 4 millóns de euros e contemplan unha gran subida na partida de servizos sociais.

A proposta do goberno local acolle unha partida social moi beneficiada cunha suba máis dun 45% con respecto á anterior. A pesar disto, o resto de forzas políticas abstivéronsel.

Noutro punto do día, tamén saíu adiante por unanimidade a mellora de condicións laborais de grupos de traballadores e traballadoras municipais, “satisfacendo así unha demanda histórica cos propios traballadores e cumprindo coa promesa feita por este equipo de goberno”, destacou o alcalde, Iago Toba. Ademais, esta proposta do goberno local contou co apoio de todos os sindicatos na mesa de negociación previa á celebración do pleno.

Tras a sesión plenaria, Toba, enfeitizou que “sorprende que a pesar de ter celebrado coa oposición unha comisión de negociación orzamentaria previa a este pleno, na que a oposición non aportou alternativas, propostas, nin modificacións ao anteproxecto, agora non sexan capaces de votar a favor dos mesmos. Ademais do comportamento reprobable e inadmisible por parte dalgún concelleiro nesa comisión de negociación”.

“Con estes orzamentos, o grupo de goberno mantén a súa aposta en firme por investir en servizos sociais, cun aumento de máis do 45% nesta partida e tamén cumpre a súa palabra en relación ás melloras salariais do persoal municipal” engade o alcalde, Iago Toba.