Muxía | Aprobadas as obras do Plan Único cos únicos tres votos do grupo de goberno

Cedida

  • Dentro do plan atópanse obras de saneamento e abastecemento de agua por máis de 225.000 euros

O Concello de Muxía aprobou, na sesión plenaria extraordinaria deste mércores, o Plan Único grazas aos tres votos a favor do equipo de goberno. As demais formacións políticas abstivéronse no segundo punto, e houbo unanimidade no terceiro, referido ao POS Adicional.

Dentro do Plan Único atópanse investimentos no abastecemento e saneamento de auga por valor de 225.800 euros; o arranxo de vías e camiños, cun orzamento de 205.000 euros; unha partida de 127.000 euros irá ao ámbito de lecer e gasto corrente contará con 27.000 euros.

Entre outras obras, intervirase nas redes de saneamento e abastecemento de Morpeguite e Labexo; nas vías e camiños de Suxo, Garante, Calo, Senande, San Martiño e Merexo e tamén se mellorará a pista recreativa de Quintáns e o parque de Suxo.

Desde o grupo de goberno sinalan que “non entendemos a abstención do resto da corporación municipal, xa que na partida orzamentaria van incluídas melloras de auga e reparación de vías, intervencións moi necesarias e demandadas pola veciñanza de Muxía”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha