Muxía arranca a execución do plan de obras por valor de 2,5 millóns de euros

O Concello de Muxía dá luz verde ao proxecto de mellora integral dos espazos públicos ao longo de todo o termo municipal. Xa están en fase de preparación, para dar comezo de forma inminente, as obras das beirarrúas nos Muíños e Quintáns, o Centro Sociocultural de Muxía ou o Centro Social dos Muíños. O alcalde, Iago Toba, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, estiveron supervisando algúns dos espazos nos que se intervirá. Cabe destacar que para este conxunto de intervencións destinaranse unha cantidade histórica de 2,5 millóns de euros con fondos municipais, e a aportación de diferentes administracións con acordos conseguidos polo goberno municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha