Muxía | As obras no sistema de captación de auga dos Muíños duplicarán o seu rendemento

El alcalde, Iago Toba, reunido con varios trabajadores para consultar los cambios en las obras en el sistema de captación de agua de Os Muíños_Cedida

  • O alcalde, Iago Toba, estivo cos operarios municipais e cos responsables da empresa comprobando os cambios

O goberno local de Muxía acomete as obras no sistema de captación de auga dos Muíños, á beira do río Negro, duplicando así o seu rendemento. O alcalde, Iago Toba, estivo cos operarios municipais e cos responsables da empresa comprobando os cambios.

Esta intervención fora unha mellora anunciada polo rexedor muxián e a concellaría de Obras, encabezada por Javier Romar, e nuns meses xa estará executada. A empresa encargada de realizar os traballos foi Augas de Corcubión.

O edil de Obras sinalou a relevancia destas intervencións “xa que multiplicarase por dous a capacidade de captación de augas pluviais, sempre e cando a meteoroloxía acompañe, e permitiranos así afrontar a época de secas cun maior grao de seguridade’.