36
Muxía dedica a súa Galería Mulleres deste mes de xaneiro á figura de Belkis Ayón (Cuba, 1967-1999). A pintora e profesora cubana está considerada como unha das maiores expoñentes do gravado contemporáneo internacional. Na súa temática afondou na sociedade secreta Abakuá, orixinaria da rexión do Calabar (na actual Nixeria), levada a Cuba polos escravos africanos a principios do século XIX.
Desde o goberno local sinalan que coas súas «Ayón constrúe un discurso universal contra a marxinalidade, a frustración, o medo, a censura, a intolerancia, a violencia, a impotencia e la falta de liberdade».