Muxía busca en Madrid afianzarse como destino turístico de calidade  

1 minutes read

Un ano máis, o Concello de Muxía estará presente en FITUR- Madrid para afianzar o municipio como destino turístico de calidade nun escaparate internacional e nunha das feiras de turismo máis relevantes do mundo.

A delegación do Goberno de Muxía, encabezada polo alcade, Iago Toba, e acompañado polo concelleiro de Deportes, Felipe Vilela, acudirán durante tres  xornadas a multitude de actos e reunións a nivel institucional, comercial e profesional.

“Outro ano máis poñemos no mapa mundial a nosa vila e seguiremos buscando mecanismos, na feira mais importante de turismo do mundo, para que Muxía consiga a excelencia en calidade e que ao mesmo tempo non perda nunca a esencia e alma da que goza na actualidade o municipio”, destacou Toba.


Reunións e actos con Muxía como protagonista

A comitiva muxía reuniranse coa presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, o ministro de Turismo, Jordi Hereu, participarán en actos do Camiño de Santiago Fisterra/Muxía, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia, entre outros. Tamén teñen en axenda actos con representantes de municipios de resto de España para a promocionar e compartir experiencias.

O rexedor tamén amosou o “orgullo inmenso de representar a esta magnifica vila e ás súas xentes nun evento único a nivel internacional” e indicou que “buscaremos non só poñer en valor o noso municipio como destino senón tamén como recoñecemento a toda a veciñanza que teño a sorte de representar e que son a mellor mostra da historia e tradición da nosa vila”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?