Muxía busca na Consellería do Mar unha solución para afrontar os problemas entre percebeiros e bateeiros

1 minutes read
  • Na reunión tamén se trataron temas relacionados coa da fábrica de xeo e o motor da lancha de Gardacostas

Segue sen haber unha solución definitiva para evitar máis conflitos entre percebeiros e bateeiros na Costa da Morte, tal e como aconteceu o pasado mércores 20 de maio no concello de Muxía.

Ante esta problemática, o alcalde de Muxía, Iago Toba, mantivo este pasado xoves unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para tratar de buscar unha solución respeto ao sector pesqueiro do municipio.

A xuntanza tivo lugar en San Caetano e tratáronse asuntos concernentes aos percebeiros de Muxía, pero tamén se falaron temas relacionados coa fábrica de xeo e o motor da lancha de Gardacostas.

A conselleira do Mar trasladoulle ao rexedor muxián os plans que teñen desde a Xunta para o sector a curto e medio prazo; unha vontade de traballo que Toba agradeceu por ser este sector «importante para todo o municipio».