Muxía, Camariñas e Vimianzo abren as súas oficinas de turismo

1 minutes read
  • Estarán atendidas polos traballadores do obradoiro dual “Camiño ao emprego”

Os alumnos-traballadores que forman parte do obradoiro dual “Camiño ao emprego”, na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante, comezan esta semana a atender as oficinas de información turística nos concellos participantes do programa: Muxía, Camariñas e Vimianzo.

A partir deste venres permanecerán abertos estes enclaves turísticos cos seguintes horarios: en Muxía a oficina de turismo abrirá todos os xoves e venres de 12:00 a 15:00 horas; na vila Camariñas o horario será de 11:00 a 14:00 horas no Museo do Encaixe e no Museo Man de Camelle; e en de Vimianzo no Centro de Interpretación Encoro da Fervenza, en Orbellido, atenderase aos visitantes todos os venres de 12:00 a 15:00 horas.

Os participantes do programa «Camiño ao emprego» tamén confirmaron a «futura realización de actividades na contorna cara a tempada estival».