Muxía celebra o Día da Muller Rural cunha exposición aberta durante todo outubro

1 minutes read

O Concello de Muxía, con motivo do Día da Muller Rural, celebra esta efeméride organizando unha exposición de traballos realizados por mulleres participantes no obradoiro de expresión artística emocional, no que participaron 8 mulleres e que se encadra dentro do proxecto ‘Muxía polos coidados: desta saímos cooperando’

As persoas interesadas xa poden visitar esta mostra na biblioteca municipal durante todo o mes de outubro, en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 de martes a venres e os sábados de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:00

O obxectivo xeral desta exposición consiste en facilitar o empoderamento individual e colectivo potenciando as capacidades, destrezas e competencias a través da creatividade. Paralelamente busca facilitar redes á vez que se fomenta o bo trato, o autocoidado e o respecto como elementos estruturais da igualdade.

Nestes talleres, nos que se realizaron catro sesións, as mulleres participantes traballaron e reflexionaron sobre a igualdade desde a creatividade, utilizando diferentes técnicas como pintura, collage e bordado sobre fotografía. A concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, puxo en valor esta mostra sinalando que “desde o Concello de Muxía queremos sumarnos e celebrar o Día da Muller Rural con esta exposición que da visibilidade ao traballo artístico realizado por estas 8 mulleres e destacar a importancia deste tipo de proxectos e accións no rural”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?