- Debido ao éxito de convocatoria, existe a posibilidade dunha nova edición
O Concello de Muxía fará entrega do Recetario do Botrato como colofón ao programa ‘Cociñando relacións’ realizado polo Centro de Información á Muller, en colaboración coa administración local, para promover a igualdade.
A través de diferentes actividades pretendeuse facer un achegamento á temática da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como analizar os procesos de socialización como factor determinante da creación das identidades de xénero.
Con todas as ideas e reflexións que xurdiron durante o proxecto, os organizadores do mesmo optaron pola realización dunha axenda para repartir entre todos os participantes.
A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, sinala a “exitosa convocatoria que tivo este programa», motivo polo cal «as portas quedan abertas á celebración dunha nova edición”.