Muxía | ‘Cociñando relacións’ remata coa entrega do Recetario do Botrato

Imagen del Recetario do Botrato_Ayuntamiento de Muxía

  • Debido ao éxito de convocatoria, existe a posibilidade dunha nova edición

O Concello de Muxía fará entrega do Recetario do Botrato como colofón ao programa ‘Cociñando relacións’ realizado polo Centro de Información á Muller, en colaboración coa administración local, para promover a igualdade.

A través de diferentes actividades pretendeuse facer un achegamento á temática da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como analizar os procesos de socialización como factor determinante da creación das identidades de xénero.

Con todas as ideas e reflexións que xurdiron durante o proxecto, os organizadores do mesmo optaron pola realización dunha axenda para repartir entre todos os participantes.

A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, sinala a “exitosa convocatoria que tivo este programa», motivo polo cal «as portas quedan abertas á celebración dunha nova edición”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha