Comezou a renovación das marquesiñas de Muxía, cunhas modernas e reguladas

1 minutes read

O Concello de Muxía está a instalar unhas novas marquesiñas nas zonas do municipio que xa contan cos permisos necesarios para acometer a renovación destas infraestruturas de carácter básico.
Trátanse duns elementos do mobiliario urbano que contan cunha liña moderna e regulada e que apostan pola calidade ademais da funcionalidade, pensados para mellorar a comodidade de veciños e veciñas.
Este martes procedeuse á instalación das primeiras, que se atopan en Senande e Sorna, e continuarase coa colocación dunha nova en Mintiráns, a continuación en Suxo e Figueiras, que tan só precisan da última autorización doutras entidades alleas ao Concello para a súa execución.
A idea do equipo de goberno local é a de unificar todas as marquesiñas do termo municipal, sempre que a partida orzamentaria o permita, polo que as novas que se vaian instalando a partir de agora serán deste mesmo estilo de deseño.

O rexedor, Iago Toba, indicou que “este mobiliario urbano moderno e accesible mellorará a calidade de vida da veciñanza, posto que son elementos urbanos aos que se lles dá uso diariamente”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?