Tras anunciar o comezo das obras da creación da rede de abastecemento de auga potable en Suxo, o Concello de Muxía rematou a segunda fase das actuacións de mellora dos camiños interiores en San Martiño. A intervención foi realizada con pavimento de formigón, tal e como ven sendo habitual nos núcleos nos que se está a actuar na súa mellora e adecuación. Ademais, nos vindeiros días tamén comezarán os traballos de acondicionamento dos camiños interiores de Serantes.