- A redacción destes proxectos xa estaba en proceso para incorporarse no POS 2021
O Concello de Muxía presentará un «ambicioso» plan de obras centrado na mellora de vías municipais e na ampliación do recinto do punto limpo «ante a petición por parte da Deputación Provincial da Coruña de ampliar a previsión de intervencións», sinalan desde o equipo de goberno local.
Entre as actuacións destacan a construción dun recinto adicado á provisión de plásticos agrícolas, a mellora da vía que une as parroquias de Añobres e Os Muiños ou o arranxo con aglomerado da vía As Fraguas, unha zona de paso entre os municipios de Muxía, Cee, Fisterra e Corcubión. Tamén se prevé a creación de espazos de estacionamento para vehículos municipais e maquinaria como tractores, remolques ou camións do lixo.
Todas estas obras son «proxectos nos que a súa redacción xa estaba en proceso para incorporar no POS 2021 pero que, ao exceder dita cantidade asignada, quedaron sen completar», sinalou o alcalde, Iago Toba.