Así, ata o día 27 procederase á iluminación de cor morado da Casa Consistorial en recordo a todas as vítimas de violencia de xénero. O mesmo 25N, ás 12:00 do mediodía, realizarase unha concentración diante do Concello, aberta a toda a veciñanza na que tamén participará o alumnado do IES Ramón Caamaño e deportistas muxianas contra a violencia no deporte. Ao acto asistirán o alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, que lerá o manifesto institucional. Como novidade, este día, realizarase un partido de fútbol sala contra a violencia no deporte no que participarán deportistas muxianas contra un equipo local.
Un ano máis, o Concello adheriuse á Campaña DE FRONTE á violencia de xénero que fomenta a Deputación da Coruña. Este ano realizarase un xogo interactivo dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria’ Canto sabes sobre violencias dixitais?’ que pretende, dun xeito didáctico e interactivo, traballar a violencia de xénero nas aulas e educar sobre esta lacra en idades temperás.