Muxía conmemora o ‘Día da Muller Rural’ cunha campaña fotográfica nas redes sociais

1 minutes read
  • O prazo para participar nesta iniciativa remata o vindeiro 19 de outubro

O Concello de Muxía conmemora o ‘Día Internacional da Muller Rural’ cunha campaña de imaxes nas redes sociais municipais co obxectivo de lembrar a importante contribución das mulleres ao progreso dos espazos rurais.

Os participantes da campaña deberán subir a Facebook e Instagram unha fotografía que reflicta o traballo da muller no rural muxián e usar o cancelo #MuxíaMullerRural. Ademais, o autor ou autora deberá identificar ás persoas que aparecen nas imaxes e explicar o motivo da elección das mesmas.

O prazo para participar nesta iniciativa remata o vindeiro 19 de outubro.