Muxía contrata 15 operarios a través do PEL para a limpeza das zonas rurais

1 minutes read
  • Organizaranse en dous grupos de traballo, actuando tres meses cada un desde xuño a novembro

O Concello de Muxía contratará 15 persoas como operarios de servizos múltiples para realizar traballos de limpeza e adecuación do rural, e farao grazas ao Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña.

As intervencións realizaranse de xuño a novembro deste ano e os traballadores organizaranse en dous grupos, actuando tres meses cada un. Estas contratacións permiten ao goberno local «dar cobertura completa e un servizo de calidade» nas zonas rurais.

O PEL tamén permitirá a contratación dun conserxe de edificios municipais que reforzará e complementará o cadro de persoal en tempada alta de verán.