Muxía desinfecta espazos coa primeira máquina nebulizadora da comarca

0 minutes read

A administración muxiá e pioneira en estrear máquina nebulizadora para desinfectar as rúas, un novedoso aparello que permitirá maximizar a desinfección e optimizar as condicións hixiénicas nos espazos destinados ao seu uso. A administración local tamén adquiriu unha hidrolimpadora para chegar a todos os núcleos do rural, «unha prioridade para nós; pretendemos que tanto o núcleo urbano como o rural queden desinfectados», comentaba o alcalde, Iago Toba Campaña. O alcalde explica que «sempre foi unha prioridade a desinfección de rúas, colectores e imos poñer a disposición do noso personal os medios necesarios para levar a cabo estes traballos».