Muxía destina 950.000 euros ao proxecto da traída de auga en Suxo, Castelo e Agranzón

Presentación del proyecto de abastecimiento de agua en Suxo_Ayuntamiento de Muxía

  • A executiva levará ao vindeiro pleno unha modificación orzamentaria para dito proxecto

O goberno local de Muxía ten preparada una modificación orzamentaria para executar o proxecto de abastecemento de auga a diferentes lugares da localidade como Suxo, Agranzón e Castelo. Esta proposta será presentada no vindeiro pleno, que se celebrará o 18 de marzo, e conta cun orzamento de 950.000 euros.

Trátase dunha das obras “máis importantes desde hai varias lexislaturas” destaca o alcalde, Iago Toba, quen ademais sinalou que tan só falta a aprobación do financiamento municipal. O rexedor presentou o proxecto na aldea de Suxo xunto cos edís Javier Romar e Olalla Benlloch.

A executiva local cumpre así unha das grandes promesas efectuadas antes de chegar ao goberno xunto coa estrada de Lago a Leis. “É unha demanda histórica dos veciños de Suxo, Agranzón ou Castelo, que verán comezada este mesmo ano”, puntualizou Toba.