Muxía | Detido por extraer percebes cun propulsor

Guardacostas de Galicia

A Garda Civil de Corcubión detivo na Langosteira en Muxía a un home, veciño de Gondomar – Pontevedra, por utilizar un torpedo propulsor para a extracción ilegal de percebes. Con este dispositivo eléctrico esta persoa lograría esquivar o control sobre el doutros mariñeiros, dos vixiantes da confraría ou das forzas da orde, ao poder alcanzar unha profundidade de máis de 20 metros e unha velocidade de ata 6 quilómetros hora. Unha chamada dun particular foi quen deu a voz de alarma este luns á primeira hora da tarde, logrando os vixiantes e a Garda Civil localizarlle, momento no que emprendeu a fuxida a nado ao decatarse de que fora descuberto, aínda que finalmente foi detido. Preto do turismo no que pretendía cargar a mercadoría e os utensilios utilizados na faena, a Garda Civil identificou a outra persoa e investiga se puidese estar relacionada coa causante do feito delituoso.