- Ambas administracións reuníronse este luns para concordar o equipo técnico que se encargará da redacción
Este luns, os Concellos de Muxía e Vimianzo acordaron a elección dun equipo técnico para iniciar a redacción do proxecto de mellora da estrada que une a aldea muxiá de O Lago con Cereixo, en Vimianzo. Ambas administracións, “en perfecta sintonía”, reuníronse para dar un paso máis na realización dun documento que suporá “un paso moi importante para o devir desta obra e, consecuentemente, para a mellora infraestrutural que suporá para moitas e moitos veciños de ambos municipios”, sinalan.
O alcalde de Muxía, Iago Toba, e a rexedora de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destacaron a «unión de forzas» entre as administracións e o desexo de mellorar «as conexións intermunicipais».
Posteriormente, este tema pasarase á Deputación, unha das institucións coas que se leva tratando o asunto desde fai “varios meses”.