O equipo de goberno de Muxía está a levar a cabo na actualidade dúas das obras máis relevantes de toda a lexislatura, a estrada que une Leis a Lago e a creación da rede de abastecemento de auga a Suxo. Estas dúas demandas históricas, xunto cos proxectos da nova gardería e coa estrada de Touriñán, están xa proceso e serán nas vindeiras datas unha realidade.
Preparadas as segundas fases de Suxo e estrada de Leis a Lago
Ademais, tanto os proxectos de creación de rede de abastecemento da auga de Suxo como a construción da estrada de Lago a Leis teñen xa preparada unha segunda fase.
A intervención en Suxo conta cun orzamento de 250.000 euros e a do vial que une Leis a Lago de máis de 200.000 euros, no que o 80% está financiado con fondos da Deputación da Coruña tras o acordo realizado entre o alcalde de Muxía, Iago Toba e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.
Tras o anuncio, Toba sinalou que “demostramos que con tan só tres persoas e moito traballo pódense facer realidade demandas históricas e cumprir promesas de gran envergadura. Queremos demostrarlle a veciñanza que o noso compromiso sempre foi firme e agora estanse vendo as realidades de moitas horas de traballo que non sempre son públicas”.

“Ante unha oposición destrutiva durante estes castro anos, os muxiáns e muxianas encontráronse con un goberno que non desistiu ata cumprir co prometido e facer realidade moitas das históricas demandas veciñais”, rematou.