Muxía estrea o seu ciclo cultural de outono co espectáculo «Contos que foron chistes»

1 minutes read
  • Será hoxe, sábado, ás 20:00 horas no Salón do Voluntariado

Este sábado a localidade de Muxía abrirá o seu outono cultural grazas a Avelino González e ao seu espectáculo «Contos que foron chistes». Será a partir das 20:00 horas no Salón de Voluntariado.

Neste espectáculo de narración, o actor conta algunhas historias da tradición humorística galega que foron creadas para facer rir. O prezo do pase para a función é dun euro, e a billeteira abrirá media hora antes de cada sesión.

Como todos os eventos deste ciclo cultural, contará cun protocolo COVID-19 adaptado ao contexto sanitario. Así, será obrigatorio o uso de máscara sanitaria para as persoas maiores de 6 anos, asignaranse os sitios á entrada e haberá xel hidroalcólico a disposición dos espectadores.

Autocine en Muxía. O prato forte do ciclo cultural será a proxección da película ‘Bohemian Rhapsody’ no porto da vila o próximo 14 de novembro.