Muxía facilitará a conciliación en Semana Santa a través dun programa lúdico

2 minutes read

Muxía promove a conciliación familiar esta Semana Santa a través dun programa de actividades lúdicas dirixido á rapazada de 3 a 12 anos empadroada no municipio e que se desenvolverá os días 3,4, 5 e 10 de abril, en horario de 10:00 a 14:00.

Este compendio de actividades lúdicas están ideadas para acompañar no seu desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas, a través de medidas e mecanismos para establecer, apoiar e consolidar modelos que fomenten a conciliación e que transformen os valores reproducen as desigualdades de xénero. Ademais, contribúen na educación en valores e actitudes de respecto, cooperación, igualdade e tolerancia a través de talleres e xogos compartidos.

As familias interesadas en anotarse no ‘Concilia Semana Santa’ poderán realizar a prescrición ata o vindeiro 31 de marzo, ás 10:00 horas, na sede electrónica do Concello de Muxía ou de xeito presencial no rexistro municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os criterios por orde de preferencia serán:

1- Ambos proxenitores empregados/as.

2- Familias monoparentais.

No caso de ter máis solicitudes que prazas, realizarase un  sorteo público o día 31 de marzo, ás 12:00 horas, no salón de plenos municipal.

Documentación a presentar:

-Ficha inscrición, aceptación de condicións e consentimento de participación asinada polo pai/nai/titor/ora legal.

Prestarase máis información no Centro de Información á Muller de Muxía (CIM), de luns a venres de 10.00 a 13.00; no teléfono 981 708 595; ou no enderezo electrónico cim@muxia.es

Tras presentar o ‘Concilia Semana Santa’, a concelleira de Cultura e Educación, Olalla Benlloch, agarda que as familias de Muxía se sumen “a esta aposta lúdico educativa que favorece a conciliación familiar nestas datas festivas ao mesmo que fomentan a integración e educan en valores aos máis pequenos mediante o xogo”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?