Muxía | Goberno e Augas de Galicia buscan solucionar o problema de abastecemento na localidade

1 minutes read
  • Desde o Concello agardan futuros encontros para seguir traballando nun proxecto ‘moi demandado pola veciñanza’

O goberno local de Muxía e Augas de Galicia achegaron posicións para aunar forzas e darlle solución á problemática do abastecemento de auga en lugares como Suxo, Castelo, Agranzón, Perompombo e a propia vila muxiá.

O alcalde, Iago Toba, e os concelleiros Olalla Benlloch e Javier Romar, reuníronse este mércores en Santiago de Compostela coa directora de Augas de Galicia, Teresa Guitiérrez, quen subliñou ‘a relevancia que supón este tipo de proxectos para dotar a un municipio como Muxía dun servizo de abastecemento de auga moderno e de calidade’.

Desde o Concello agardan futuros encontros para seguir traballando nun proxecto ‘moi demandado pola veciñanza’.