30
- O Concello dará a coñecer a axenda de actividades o vindeiro venres 31
Mentres os veciños de Muxía agardan a presentación oficial das actividades culturais para este verán, o Concello xa lanzou dúas novidades. Á proxección do filme «El Rey León» a través dun novo autocine, súmase un dos eventos máis dinámicos e modernos: a “Week Muxía Cultura Urbana».
Pista acuática, rampa de “skate” ou obradoiros de graffitti serán algunhas das actividades que se realizarán na vila da Barca enfocadas, principalmente, para o público máis novo.
A concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, destacou que o prato forte serán actividades novidosas “traídas por primeira vez á comarca”, aínda que seguen ultimando os detalles desta programación «sin parangón tanto en Muxía como no resto da Costa da Morte».