- Á sesión do pleno deste venres tan só acudiu Mónica Vilela dos catro concelleiros que abandonaron o PSOE de Muxía
Iago Toba, alcalde de Muxía e cabeza de lista do PSOE do municipio, instou ó Partido Popular da localidade a «ser valente» e a encabezar a moción de censura que lle privaría de seguir como alcalde.
Á sesión do pleno deste venres tan só acudiu Mónica Vilela dos catro concelleiros que abandonaron a agrupación socialista de Muxía recentemente.
Toba insistiu en que ‘é agora cando toca dar a cara e viuse como deixaron soa á súa compañeira’. O rexedor sinala que se a súa preocupación sempre foi o benestar das veciñas e veciños de Muxía, ‘fraco favor está a facerlles se non poden nin organizarse para representar os seus intereses nun órgano como o pleno’.
Tanto Iago Toba como os concelleiros Olalla Benlloch e Javier Romar, por outra banda, abstivéronse á hora de votar a alegación aos orzamentos por parte do PP, algo que, insisten, ‘fan para aprobar este documento dunha vez, xa que a nosa prioridade é dar luz verde á cantidade de traballo que nos queda por diante’.