Muxía | Iago Toba trata en Madrid o uso dos fondos europeos

Cedida

  • O rexedor mantivo diversos encontros coa deputada Monserrat García Chavarría e con María José Gualda, secretaria de Estado de Facenda

O alcalde de Muxía, Iago Toba, desprazouse ata Madrid para manter un encontro no Congreso con Monserrat García Chavarría, deputada e secretaria primeira na comisión de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana. Na xuntanza analizaron a posibilidade de xestionar a nivel municipal fondos europeos en materia de obra pública e aforro enerxético.

Toba tamén mantivo unha reunión coa secretaria de Estado de Facenda, María José Gualda, para tratar os plans do goberno local na cuestión de regras de gasto, con vistas á xestión do remanente muxián para os vindeiros meses.