Muxía | Inaugurada a exposición itinerante sobre o Camiño de Santiago

0 minutes read

Este xoves, ás 19:30 horas, tivo lugar en Muxía a inauguración dunha exposición itinerante sobre o Camiño de Santiago. O rexedor, Iago Toba, foi o encargado da presentación no Salón de actos do Voluntariado.

Os visitantes gozaron dun percorrido pola historia do Camiño a través dun gran xogo e carteis informativos. Tamén puideron apreciar a exposición fotográfica do muxián Xesús Búa.

Na inauguración tamén estiveron presentes o xornalista Pepe Formoso e Luis Menéndez, presidente do Club de Prensa de Santiago e membro da Liga de Periodistas del Camino de Santiago.