- As actividades están artelladas baixo tres eixes fundamentais: o medio ambiente, a igualdade e o deporte
Este martes comezaron os campamentos de verán en Muxía baixo estritas medidas sanitarias contra a COVID-19. O alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Xuventude e Igualdade, Olalla Benlloch, acudiron ata o paseo para darlles a benvida a todas as rapazas e rapaces que participan nos mesmos.
Esta edición «será singular, xa que se extremarán as precaucións para evitar contaxios», comentou o rexedor, quen ademais destacou que as actividades están artelladas baixo tres piares fundamentais da sociedade: o medio ambiente, a igualdade e o deporte. «Cremos nunha educación igualitaria e de calidade, sendo estes campamentos unha boa proba diso’, comentou.
O período de inscrición estará aberto ata o 9 de xullo, aínda que se fose necesario, este prazo podería ampliarse. A primeira quenda de celebración destes campamentos irá desde o 13 de xullo ao 24 do mesmo mes e a segunda do 27 de xullo ata o 7 de agosto.