Muxía | Iniciados os traballos de acondicionamento nos accesos ás praias

Limpieza en la playa de O Lago_Ayuntamiento de Muxía

Estes días varios operarios municipais realizaron tarefas de limpeza e acondicionamento nos accesos ás praias do concello de Muxía. Ademais, segundo informan desde o Goberno local, rematados estes labores «realizarase un mantemento continuo dos areais e dos accesos aos mesmos».

Por outra banda, seguen as actuacións en diferentes áreas recreativas e zonas de ocio e lecer.

Últimas intervencións en Suxo_Cedida