Estes días varios operarios municipais realizaron tarefas de limpeza e acondicionamento nos accesos ás praias do concello de Muxía. Ademais, segundo informan desde o Goberno local, rematados estes labores «realizarase un mantemento continuo dos areais e dos accesos aos mesmos».
Por outra banda, seguen as actuacións en diferentes áreas recreativas e zonas de ocio e lecer.