Muxía instalará tótems de autoxestión turística, únicos na Costa da Morte

O Concello de Muxía instalará nas vindeiras semanas unhas pantallas, en forma de tótems de autoxestión de información turística.

Estes elementos informativos de última xeración están financiados a través do fondos Next Generation e contarán cun investimento de máis de 15.000 euros.

Deste xeito, nos tótems figurará información turística da vila, así como tamén relativa a aloxamentos, servizos de taxis ou demais recursos turísticos.  Ademais, as pantallas servirán de asesoramento das persoas visitantes, segundo os seus gustos, idade e/ou intereses.

Reunión profesional en FITUR

Os detalles para a súa instalación foron ultimados no pasado mes de xaneiro na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) por parte do alcalde, Iago Toba e concelleiro de Deportes, Felipe Vilela, coa empresa adxudicataria, iUrban.

“Estos elementos, únicos na Costa da Morte, son una proposta do grupo de Goberno e proporcionarán unha información de calidade e dun xeito novedoso e moderno”, destacou Toba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha