Muxía intensifica os traballos de mellora e mantemento dos espazos públicos

Imaxe de archivo da supervisión dunhas obras_Concello de Muxía

O Concello de Muxía está facendo un gran esforzo por ter una vila limpa e desinfectada nos tempos que corren, facendo un especial énfase no pintado de sinalización horizontal, para mellorar a seguridade tanto de peóns como de condutores; no lavado de espazos públicos, empregando un sistema de auga a presión; no adecentamento de todos os núcleos rurais e instalación de mobiliario urbano, para dotar de servizos as áreas que carecían dos mesmos.
A figura clave en todo este proceso está a ser Javier Romar, concelleiro de Obras, quen coordina todos os traballos, en paralelo ao comezo das obras ao longo de todo o pobo.
Para elo, fíxose especial fincapé na dotación de recursos materiais, así como no incremento de persoal, para dar cabida a todas as necesidades detectadas nos lugares nos que se intervirá.