O Concello de Muxía intensificará a vixilancia durante esta fin de semana, no que tiña que terse celebrado a Romaría da Virxe da Barca. Desde o goberno local organizarase un dispositivo especial para evitar o incumplimento das normas.
‘A situación no noso municipio é óptima, pero non por iso podemos permitirnos baixar a garda. Como responsables públicos é o noso obxectivo velar pola seguridade e pola saúde das nosas veciñas e veciños’, apunta o alcalde, Iago Toba, quen sinalou tamén que ‘é por iso que contaremos cun aumento nos operativos da Garda Civil e a Policía Local cubrirá toda a área municipal nun horario ampliado’, asegura o rexedor.
Desde o Concello quérese transmitir tranquilidade polo contexto actual en todo o municipio, pero insisten en lembrar ‘a importancia de cumplir as normas. Non é exclusivo de ninguén e por iso tampouco haberá banda ancha tanto para locais como para particulares’, afirman de modo tallante.
O alcalde, con todo, lembra que ‘practicamente a totalidade das muxianas e muxiáns están a facer un esforzo inconmensurable á hora de cumplir as normas, e estou totalmente seguro de que así será nas vindeiras datas’, conclúe.
44