Muxía inviste máis 1,5 millóns de euros en importantes obras e acondicionamentos

1 minutes read

O Concello de Muxía continúa coa súa aposta firme por mellorar a calidade de vida da veciñanza do rural e investirá máis de millón e medio de euros en importantes obras e acondicionamentos en varios puntos do municipio.

Así, o goberno local está a executar na actualidade obras por valor de máis de 500.000 euros como son as realizadas en Pasantes-Morpeguite (158.000 euros); o parque de Suxo (80.000 euros); melloras en Buiturón (39.085 euros); actuacións en Vilastose (25.500 euros); melloras en Figueiras (15.000 euros); obras en A Grixa (29.000 euros) e acondicionamentos en Vilarvello e Morquintián (39.500 euros).

Máis de 1 millón de euros en proceso de licitación

Ademais, o executivo ten en proceso de licitación intervencións por valor de máis dun millón de euros, como son as referidas no núcleo de Vilardeouteiro por mais de 200.000 euros, o vial de Suxo – Pardiñas por valor de 80.000 euros, ou a creación da rede de abastecemento de auga potable en Suxo, entre outras.

Tras o anuncio, o alcalde Iago Toba, destacou que “Este executivo segue a demostrar con feitos e realidades o seu compromiso firme por mellorar a calidade de vida de veciñanza de Muxía. 1,5 millón de euros que veranse reflexados en importantes actuacións por todo o municipio”.