19
O Concello de Muxía continúa facendo realidade o plan de mellora do rural, que deu comezo na pasada lexislatura, e que tras a importante inversión en Frixe agora anuncia unha actuación de máis de 190.000 euros no núcleo de Sorna.
A intervención recolle a mellora dos camiños interiores da zona cunha estética idéntica á proposta en Frixe e Vilardeouteiro, con panos de formigón, lastrado en pedra e instalacións varias.
“Tal e como aconteceu en Frixe, esta será a primeira vez que se realice un investimento tan importante nesta zona e, ademais, está prevista unha segunda fase para renovar as futuras entradas ao núcleo”, destacou o alcalde, Iago Toba.