O Concello de Muxía segue a traballar no seu plan de obras do rural co firme compromiso de mellorar as súas infraestructuras. Así, as actuacións de levadas a cabo nos lugares de Martineto e Figueroa xa son unha realidade e un exemplo de pequenos núcleos do municipio que xa presentan un aspecto completamente renovado.
Ademais, estas melloras da rede viaria e do firme completarase con outras como a colocación de novos colectores e outros detalles.
Desde o goberno local destacan que “se loitou moito, con tesón e esforzo, na lexislatura anterior para conseguir avances e melloras nas infraestructuras locais. Estamos moi contentos e contentas de que a veciñanza vexa que os pequenos núcleos tamén son importantes á hora de realizar inversións”, conclúen.
0