Muxía logra sacar adiante as obras de abastecemento de auga en Suxo

Reunión en Suxo_Arquivo.

O grupo de Goberno do Concello de Muxía aprobou, na sesión plenaria extraordinaria que tivo lugar este martes, a creación da rede de abastecemento de auga potable en Suxo.

Tras aprobar a proposta en pleno, que contou coa ausencia dos concelleiros non adscritos, o alcalde Iago Toba, destacou que “dita sesión plenaria, fundamental para que esta actuación sairá adiante, tiña que ter sido a semana pasada pero a oposición uniuse para retrasar e poñer, unha vez máis, trabas e obstáculos para que esta gran intervención non se levase a cabo. A pesar de todo, desde este grupo de goberno seguimos a demostrar que sabemos gobernar en positivo, con propostas e feitos”.

“Hoxe pechamos o derradeiro paso para facer realidade unha demanda histórica da veciñanza de Suxo. Ao igual que o proxecto da gardaría, vai ser nesta lexislatura e con este goberno de tres persoas na que ambos faranse realidade”, destacou Toba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha