34
Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces, dan vida a unha formación única, chamada Lulavai. Elas foron as convidadas este sábado ás visitas guiadas dentro do ciclo «Visita Muxía», descubrindo a «Riqueza de Moraime».
A Igrexa de San Xiao de Moraime quedou pequena para acoller ao público interesado en descubrir ou reafirmarse con Lulavai, cuarteto galego de arpas célticas e voces. En 2008, deciden emprender este proxecto musical onde 4 arpas e 4 catro voces femininas, se mesturan para tocar cun son moi orixinal, temas tradicionais galegos e de propia composición.