Muxía | Luz verde ás melloras na rúa Pedriña tras problemas de financiación e permisos

1 minutes read
  • Nas vindeiras semanas levarase a cabo a posta a punto da pavimentación e a instalación de saneamento

Nas próximas semanas comezarán as obras de mellora da pavimentación e saneamento na rúa Pedriña despois de que o goberno local resolvese os problemas de financiación e permisos. Esta rúa é unha das poucas do núcleo muxián que «non tivo melloras en décadas», sinalan desde o Concello, polo que contará cunha posta a punto «moi necesaria» e demandada pola veciñanza.

Este mércores o alcalde, Iago Toba, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, visitaron a zona donde se desenvolverán os traballos que aínda están pendentes de ser adxudicados a unha empresa local.