- Manterán reunións periódicas para buscar unha maior colaboración entre as tres partes
O Concello de Muxía reuníuse esta semana coas tres ANPAS da localidade e as directoras dos tres colexios: o colexio Eduardo Noia, o colexio Virxe da Barca e o Colexio Os Muiños.
O novo executivo muxián, formado polo alcalde Iago Toba, a concelleira de educación Olalla Benlloch e o concelleiro de obras Javier Romar, propuxo que este tipo de reunións se realicen de forma periódica, para buscar unha maior vinculación e colaboración entre as tres partes.
Na xuntanza sentáronse as bases de traballo das novas estratexias a seguir, e un dos temas acordados foi a mellora das instalacións para que a volta as aulas se poida realizar con todas as medidas de seguridade. O executivo comprometeuse a trallabar para acondicionar as instalacións exteriores e facer un mantemento das zonas interiores.