- Cada persoa recibirá 100 euros en axudas, sempre que estea empadroada no concello e estude nun centro público da comunidade
O Concello de Muxía rexistrou ata o de agora 235 peticións para acollerse ás axudas de material escolar, enmarcadas no ‘Plan de reactivación económico-social’ impulsado pola administración local. O prazo para entregar as facturas correspondentes e poder acceder a estas achegas remata o 30 de outubro.
As facturas deberán subirse á sede electrónica do enderezo web do Concello de Muxía. Cada persoa recibirá 100 euros en axudas, sempre que estea empadroada no concello e estude nun centro público da localidade ou nun de bacharelato en Galicia.