- A intervención, financiada polo Plan Único da Deputación da Coruña, centrarase na renovación do firme nas zonas que presentan un peor estado
O Concello de Muxía destinará 106.400 euros ás obras de mellora da rede viaria e dos camiños interiores na aldea de Quintáns. Dita intervención, que contará co apoio e financiación do Plan Único da Deputación da Coruña, centrarase na renovación e posta a punto do firme nas zonas que presenten un estado deficiente.
Este mércores o alcalde, Iago Toba, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, firmaron co contrato co representante da empresa adxudicataria para dar comezo canto antes a unhas obras que está previsto que rematen no mes de setembro.
Tras a firma do contrato, Toba puxo en valor o compromiso da Administración local «pola mellora da rede viaria do municipio», xa que estas actuacións conlevan a «dar una paso adiante na aposta en firme pola seguridade vial en Muxía».