O grupo do Partido Popular no Concello de Muxía anunciou a través da súa portavoz, Sandra Vilela, que se absterá na votación sobre as obras que irán incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) financiado pola Deputación da Coruña.
Os populares optaron está postura despois de que o rexedor, Iago Toba, aceptase na comisión celebrada este luns a proposta feita polo PP de incluír no POS adicional as obras de:
➡️ Pista Armear – Labexo
➡️ Vial Agreiras – Castelos
➡️ Vial en Caberta
➡️ Depuradora de Quintáns
➡️ Vial de Moraime – Oruxo
“Unha vez máis o PP é a solución aos problemas que crea un alcalde que esquece que goberna sen maioría e que se nega a falar coa oposición para sacar adiante os proxectos que afectan ao día a día do Concello”, apuntou Vilela.
Neste sentido, a portavoz dos populares aproveitou para pedir explicacións de por que o rexido negouse a incluír nun principio os proxectos presentados pola súa formación para, dixo Vilela, agora ter que aceptar máis. “Creo que os veciños de Muxía merécense que o seu alcalde lles diga os motivos de por que o alcalde non senta a falar coa oposición e por que trata de chantaxear ao resto de partidos, a pesar de que a súa postura poida prexudicar ao futuro do concello”, indicou.
Incapacidade de xestionar
Por outra banda, a popular referiuse tamén á “incapacidade” que o Goberno Local ven demostrando á hora de xestionar o POS alternativo que lle reclamou facer a esta formación. “Pediunos que presentamos unha alternativa, fixémola a pesar de ter só 13 horas e despois resulta que non é capaz de xestionala”, explicou Vilela.
Por últitmo Vilela esixiu ao Goberno Local e ao alcalde que “abandone o enfrontamento constante” coa oposición e sente a falar sobre aqueles asuntos que son “fundamentais” para Muxía.