Muxía | O PP solicita ao Concello que arranxe a fibra óptica na lonxa

1 minutes read
  • Sen este paso a Confraría de Pescadores non pode usar o Ticpesc, unha ferramenta que lles facilita o traballo administrativo

O PP de Muxía urxe ao Concello que realice as obras necesarias para instalar o Ticpesc, unha ferramenta electrónica que facilita o traballo administrativo da Confraría de Pescadores.

A líder dos populares, Sandra Vilela, afirma que o problema está na rotura da canalización pola que ten que pasar a fibra óptica despois das «obras que o Concello realizou hai tempo nas inmediacións da lonxa».

«Non estamos a pedir unha actuación que supoña nin un investimento alto, nin unhas obras importantes», asegura Vilela, senón de «algo sinxelo e que se pode facer co persoal municipal». Unha intervención, destacou a popular, que tamén foi solicitada ao goberno local por parte da Consellería do Mar e Portos de Galicia.