Muxía | Obradoiros de autoestima e xestión do estrés para mulleres

1 minutes read
  • As actividades comezarán o próximo xoves, 14 de outubro, e será necesario inscribirse no 981708595

O Concello de Muxía organiza diferentes obradoiros de empoderamento para mulleres co obxectivo de «fortalecer o autoconcepto e a autoestima, xestionar os niveis de estrés e ansiedade e reforzar o autocoñecemento para aceptarse e recuperarse», sinalan desde o consistorio. As actividades darán comezo o xoves, 14 de outubro, e levaranse a cabo en horario de 10:30 a 12:00 horas, no edificio de servizos múltiples.

A programación dividirase en 4 bloques: xestión da autoestima (14 de outubro), o recoñecemento (21 de outubro), o estrés (28 de outubro) e a ansiedade (4 de novembro). Manexaranse técnicas de relaxación e meditación para enfrontarse aos retos diarios que se poIdan dar no traballo ou no estudo, na maternidade, coa parella ou cunha mesma.

O prazo de inscrición está aberto ata o 11 deste mes e as persoas interesadas poderán anotarse chamando ao 981708595. Recoméndase levar roupa cómoda, manta, esterilla, coxín e cepillo de pelo.