Muxía ofrece un programa lúdico para facilitar a conciliación en Semana Santa

1 minutes read

O Concello de Muxía facilitará a conciliación ás familias durante as vacacións de Semana Santa, a través dun programa de actividades lúdicas para o desenvolvemento dos nenos e nenas, que terá lugar no edificio de Servizos Múltiples. As propostas, que se desenvolverán os días 25, 26 2 27 de marzo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, están dirixidas á rapazada empadroada no municipio de entre 3 e 12 anos.

Este compendio de actividades están ideadas para acompañar no seu desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas, a través de medidas e mecanismos para establecer, apoiar e consolidar modelos que fomenten a conciliación e que transformen os valores reproducen as desigualdades de xénero. Traballarase tamén a educación en valores, actitudes de respecto, tolerancia e igualdade, a través de obradoiros e xogos en equipo.

As familias interesadas en anotarse no ‘Concilia Semana Santa’ poderán realizar a prescrición ata o vindeiro 20 de marzo na sede electrónica do Concello de Muxía, chamando ao 981 74 20 01, ou de xeito presencial no Centro de Información á Muller (CIM).

Os criterios por orde de preferencia serán:

1- Ambos proxenitores empregados/as.

2- Familias monoparentais.

Documentación a presentar:

-Ficha inscrición, aceptación de condicións e consentimento de participación asinada polo pai/nai/titor/ora legal.

Olalla Benlloch, concelleira de Cultura e Educación foi a encargada de presentar ‘Concilia Semana Santa’, unha iniciativa que “funcionou ben en anteriores edicións, xa que ademais de prestar un servizo ás familias, contribúe na educación dos nenos e nenas a través de dinámicas lúdicas”.